Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 1997 Páx. 4.932

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 7 de maio de 1997 pola que se regula a producción agrícola ecolóxica e a súa indicación no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e se crea o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Advertidos erros na Orde do 7 de maio de 1997, pola que se regula a producción agrícola ecolóxica e a súa indicación no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e se crea o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (DOG número 93, do 16 de maio de 1997), cómpre face-las seguintes correccións:

Parágrafo 1 liña 2 (páxina 4.585), onde di: «... carácter previo á inscrición, á cualificación ou descualificación ou a imposición...», debe dicir: «... carácter previo á cualificación ou descualificación, ou á imposición...».

Parágrafo 12 liña 2 (páxina 4.585), onde di: «...nos artigos 9.9 e 0.3, do Regulamento...», debe dicir: «... nos artigos 9.9 e 10.3, do Regulamento...».

Parágrafo 4 liña 1 (páxina 4.586), onde di: «... Consellería de Agricultura, Gandería e Montes», debe dicir: «... conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes».

3875