Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1997, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol), pola que se anuncia o concurso público 2/1997 por procedemento aberto, para a contratación do servicio de limpeza no Centro de Saúde de Cariño.

A Dirección-Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol), en virtude das atri

bucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento: servicio de:

C/P: 2/1997 (lote único).

Denominación: servicio de limpeza no Centro de Saúde de Cariño.

Importe: 2.743.200 ptas.

No dito importe inclúese o IVE.

Prazo de vixencia: desde a sinatura do contrato ata finais do 1997.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode solicitarse na Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (Ambulatorio Fontenla Maristany), praza de España 19-20 Ferrol, en días laborais de 9 a 14 horas.

Fianzas:

a) Provisional: o 2% do importe de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Definitiva: o 4% do importe de licitación.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia técnica: ve-lo artigo 19 da LCAP.

Solvencia económica: ve-lo artigo 16 da LCAP.

Admisión de variantes: non se admiten.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (Ambulatorio Fontenla Maristany), praza de España 19-20 Ferrol, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 9.1º do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas realizarase pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do ambulatorio Fontenla Maristany de Ferrol, ás 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentos que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os seguintes criterios:

1º Prezo ofertado: 50%.

2º Calidade técnica: 35%.

3º Medios auxiliares, equipo técnico e experiencia: 15%.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Ferrol, 18 de marzo de 1997.

Bernardo Seoane Díaz

Director xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol

3816