Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.924

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 1997, da Dirección Provincial de Ourense, pola que se anuncia o concurso público 2DP/1997 para a contratación do servicio de lavandería dos centros: Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, Complexo Hospitalario Santa María Madre-Doutor Cabaleiro Goás e atención primaria.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6º h) da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da autorización do director xeral de Recursos Económicos, con data 4 de marzo de 1997, convoca o seguinte concurso público para a contratación do servicio de lavandería dos centros: Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, Complexo Hospitalario Santa María Madre-Doutor Cabaleiro Goás e atención primaria.

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Dirección Provincial de Ourense, rúa Xoan XXIII, nº 27, primeiro e segundo andar. Teléfono: (988) 38 55 95. Fax: (988) 38 55 60.

2. Categoría do servicio e descrición: ve-lo apartado I do anexo I (prego de condicións especiais e prescricións técnicas).

Orzamento máximo anual: 128.180.000 ptas. (IVE incluído).

3. Lugar de execución: o que determine o adxudicatario.

4.a) Posibilidade de que, conforme as normas legais, regulamentarias ou administrativas, se reserve a prestación do servicio a unha determinada profesión: as empresas deberán estar clasificadas no grupo III, subgrupo 6, categoría D.

b) Referencia á dita norma legal, regulamentaria ou administrativa: artigo 25 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten para unha parte dos servicios dos que se trate: non existe a dita posibilidade.

6. Se é o caso, prohibición de variantes: non se admiten variantes.

7. Duración do contrato ou prazo para realiza-lo servicio: 4 anos, prorrogable ata un máximo de 6, por acordo das partes.

8.a) Nome e enderezo do servicio ó que se pode solicita-la documentación pertinente: ve-lo punto 1.

b) Prazo para face-la solicitude: 20 de xuño de 1997.

9.a) Data límite da recepción das ofertas: 27 de xuño de 1997.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ve-lo punto 1.

c) Lingua ou linguas na que deban redactarse: galego ou castelán.

10.a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das plicas: a apertura será en acto público.

b) Lugar, data e hora desta apertura: no enderezo sinalado no punto 1 o día 8 de xullo de 1997 a partir das 10 horas.

11. Garantías esixidas: fianza provisional previa, equivalente ó 2% do orzamento de licitación. Unha vez adxudicado o servicio, o adxudicatario deberá constituír unha fianza do 4% do orzamento de licitación.

12. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes: o pagamento realizarase mensualmente, logo da conformidade do servicio, mediante transferencia bancaria á conta sinalada polo adxudicatario. Deberá terse en conta, en todo caso, o establecido no artigo 100 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

13. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicatarias do contrato: unión temporal de empresas.

14. Datos referentes á situación do prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios: ve-los pregos de cláusulas administrativas particulares e de condicións especiais e prescricións técnicas.

15. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións.

16. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ve-lo apartado 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

17. Información complementaria: ve-lo pregos de cláusulas administrativas particulares e de condicións especiais e prescricións técnicas.

18. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 6 de maio de 1997.

19. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será pola conta do adxudicatario.

Ourense, 18 de abril de 1997.

Rosendo L. Fernández Fernández

Director provincial do Servicio Galego de Saúde de Ourense

3958