Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.922

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1997 pola que se anuncia concurso público para a contratación, mediante procedemento aberto, das obras de remodelación da fachada principal do edificio destinado á sede do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto nos artigos 11.1º e 79.1º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos

das administracións públicas, e conforme o modelo establecido polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei e publicado no Boletín Oficial del Estado nº 70, do 21 de marzo de 1996, publícase o seguinte anuncio de licitación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 3/1997.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concurso público para a contratación, mediante procedemento aberto, das obras de remodelación da fachada principal do edificio destinado á sede do Parlamento de Galicia.

b) Lugar de execución: no edificio do Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: no prazo de catro meses, contados desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: sesenta e cinco millóns novecentas cincuenta e unha mil corenta e nove pesetas (65.951.049 ptas.), IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 1.319.020 ptas. equivalente ó 2% do orzamento do contrato.

Definitiva: o 4% do orzamento do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: rúa do Hórreo nº 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, CP 15702.

d) Teléfono: (981) 56 16 00.

e) Telefax: (981) 57 10 41.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata dous días antes da presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

O empresario adxudicatario terá que reuni-la seguinte clasificación: grupo C, subgrupos 4, 5, 7 e 8. Grupo K, subgrupo 7. Categoría D.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do anuncio

de licitación no Diario Oficial de Galicia. De resultar inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a referida na cláusula administrativa 10.2 do prego de cláusulas administrativas particulares publicado no BOPG nº 654, do 15 de maio de 1997.

c) Lugar de presentación: no rexistro do Parlamento de Galicia en man, das 9 ás 14 horas e das 16.30 ás 18.30 horas.

1ª Entidade: Parlamento de Galicia.

2ª Domicilio: rúa do Hórreo nº 63.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, CP 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses.

e) Admisión de variantes: presentarase unha soa proposición que poderá conter algunhas variantes nos termos previstos na cláusula 10.2 A) do prego administrativo.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: rúa do Hórreo nº 63.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: ós dez días hábiles seguintes ó de remate de presentación de proposicións.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións.

No prego de cláusulas administrativas (BOPG nº 654, do 15 de maio de 1997) e prescricións técnicas do proxecto depositados no rexistro xeral do Parlamento.

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 1997.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente do Parlamento de Galicia

97-3632