Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e outorgamento da condición de instalación de producción acollida o réxime especial das instalacións eléctricas que se citan. (Expediente 5/1996).

Para os efectos previstos nos decretos 2617/1968, 2619/1966, 2366/1994 e 205/1995, polos que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude da empresa Ero Vento, S.L. Unipersonal, con enderezo en r/ Galeras, 17 andar 3, oficina 3, Santiago de Compostela, para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e outorgamento de instalación eléctrica acollida ó réxime especial, as instalacións que se van implantar no denominado parque eólico Paxareiras II-D, nos municipios de Dumbría e superficie afectada de 5.124,5 Ha. dentro da poligonal cerrada de vértices:

V1 (0 492 000 W, 4 750 000 N), V2 (0 488 600 W, 4 750 000 N), V3 (0 485 000 W, 4 756 000 N), V4 (0 485 000 W, 4 761 000 N), V5 (0 488 818 W, 4 762 272 N), V6 (0 490 000 W, 4 754 000 N), V7 (0 492 000 W, 4 754 000 N), V8 (0 492 000 W, 4 750 000 N).

Potencia que se vai instalar: 23,4 MW.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas recla

macións ou oposición no prazo de 30 días nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 11 de abril de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3630