Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/49-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Avda. de Vigo-Pontecesures.

Situación: concello de Pontecesures.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, de 715 m de lonxitude con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. 25.08 Padrón-Picusa-Finsa na derivación ó C.T: Padrón-Ponte á altura da rúa Carlos Maside, alimentando en buclo ó C.T. proxectado na Avda. de Vigo, rematando na L.M.T. 25.08 na rúa Carlos Maside, concello de Pontecesures. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV/380-220 V. R.B.T., aérea de 100 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, R.B.T. subterránea de 135 m de lonxitude, con conductor de Al tipo RV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se cosideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 10 de abril de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

97-3707