Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/171-2-4663 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: L.M.T. Subt. e C.T. en edificio Beiramar.

Situación: Burela.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con cable une DHZ1 12/20 kV de 1x150 mm Al, cunha lonxitude de 205 metros. Centro de transformación de 400 kVA. 20.000/400-231±2,5%±5% V, para subministración eléctrica ó edificio Beiramar e mellora do servicio na zona, concello de Burela.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 18 de marzo de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3551