Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/43-2-4710 A.T.).

Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A. (BEGASA).

Enderezo social: rúa Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: L.M.T., Subt. C.T. R.B.T. inmobiliario Morrazo.

Situación: Vilalba.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, realizada en conductor D.H.Z1., 12/20 kV-1x150 mm Al. Centro de transformación de 630 kVA 20.000±2,5%+5%+10% V. Rede de baixa tensión en conductor R.V.-0,6/1 kV, para mellora do servicio eléctrico na zona.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 15 de marzo de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

97-3675