Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/299-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UDESA.

Enderezo social: Avda. de Lugo, 125, 2º, 15000 Santiago de Compostela.

Denominación: L.M.T. de Papucin a San Nicolás. C.T. de 50 kVA Frades.

Situación: Frades.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 2.010 m de lonxitude en conductor LA-56 que parte da L.M.T. Mesos-San Martiño no apoio de derivación a C.T. Panica e final na L.M.T. a Papucin.

C.T. aéreo de 50 kVA a 15/20 kV-B2 no lugar de Consello. Municipio de Frades.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 18 de abril de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3609