Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación que se cita. (Expediente 52436 e dous máis).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Central Eléctrica Industrial, S.L. con domicilio en Portomouro, Val do Dubra, para a autorización administrativa da seguinte instalación:

-Expediente 52436: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 420 m de lonxitude, C.T. de 100 kVA en Xerman e R.B.T. en R.Z. de 1.038 m de lonxitude. Concello de Val do Dubra.

-Expediente 52437: L.M.T. aérea 10/20 kV de 930 m de lonxitude que parte do C.T. Entrepontes e final no C.T. Vilaverde. Concello de Ames.

-Expediente 52438: liña aérea a 10/20 kV de 712 m de lonxitude que parte da L.M.T. Mercuto-Pé de Boi e final no C.T. de Insua, ampliación potencia do C.T. Insua a 100 kVA. Concello de Val do Dubra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 27 de febreiro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

97-2162