Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/103-1).

Vistos o expedientes para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

-Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha.

-Enderezo social: Tte. Gral. Gómez Zamalloa, 9, 15000 A Coruña.

-Denominación: reforma da R.B.T. do C.T. Lestón.

-Situación: Laracha.

-Descricións técnicas: reforma da rede de baixa tensión do C.T. Lestón de 655 metros de lonxitude e con conductor tipo R.Z. Lestón. Concello de Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre

autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 14 de febreiro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3650