Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/33-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se describe:

-Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha.

-Enderezo social: Tte. Xral. Gómez Zamalloa, nº 9, 15000 A Coruña.

-Denominación: centro de transformación aéreo en Granxas-Xesteira.

-Situación: Laracha.

-Características técnicas: centro de transformación aéreo de 50 kVA a 15 kV-B,2, instalado no apoio nº 3 da L.M.T. Xesteira-Granxas e Brea. Concello de Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 27 de febreiro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

97-2443