Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 6 de maio de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, do 16 de novembro de 1992.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos na resolución do recurso de alzada número 93/2104 interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, do 16 de novembro de 1992, pola que se acordou denega-la aprobación final do expediente C-VR-2110/90, para rehabilitación dunha vivenda rural sita en Castiñeiro-Andoio-Tordoia-A Coruña, da que a súa parte dispositiva di:

Desestima-lo recurso de alzada número V-2104/93 interposto por Marcelino Lamas Loureiro, contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) na Coruña, do 16 de novembro de 1992, pola que se acordou denega-la

aprobación final do expediente C-VR-2110/90 para a rehabilitación dunha vivenda sita en Castiñeiro-Andoio-Tordoia-A Coruña; resolución que se confirma.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, significándolle que debe comunicar previamente esta consellería a dita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o seis de maio de mil novecentos noventa e sete.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

3950