Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 30 de abril de 1997, do Servicio Provincial de Costas de Pontevedra, de notificación do acordo de incoación do expediente sancionador 72.15/95.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo I, o acordo do delegado desta consellería en Pontevedra, polo que se ordena a incoación do expediente sancionador polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción da Lei 22/1988, de costas (no sucesivo L.C.), e do seu Regulamento (en adiante R.C.); nomeándose instructor a Alfonso Fernández Fernández e secretario a Alfonso Santiago Domínguez, ámbolos dous funcionarios do Servicio Provincial de Costas desta delegación provincial e adóptanse as medidas provisionais especificadas.

Os nomeamentos do instructor e secretario poderán ser impugnados polas causas establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

En virtude do anterior acordo, o instructor do expediente formulou prego de cargos, do que se relacionan no anexo II os preceptos infrinxidos, sancionadores e a contía da sanción polos feitos imputados, dispoñendo o expedientado dun prazo de dez (10) días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para formular alegacións e propoñer, se é o caso, a práctica daquelas probas que considere pertinentes para a determinación dos feitos, tal como dispón o artigo 194.8 do Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da Lei de costas, aprobado polo Real decreto 1471/1989, e modificado polos reais decretos 1112/1992 e 1771/1994 (en adiante R.C.).

Consta no expediente valoración das obras realizada pola arquitectura técnica do Servicio Provincial de Costas.

De acordo co establecido no artigo 13.2 do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non presentar alegacións dentro do prazo sinalado, o acordo de incoación, en relación co prego de cargos formulado polo instructor, considerarase proposta de resolución.

Pontevedra, 30 de abril de 1997.

Guillermo Sáez Díaz

Xefe do Servicio Provincial de Costas

ANEXO I

Expediente número: 72.15/95.

Denunciado/a: Florinda Gómez Quinteiro.

Condición: promotora.

Último enderezo coñecido: Barrio da Rola, nº 17, Redondela.

Data do acordo: 9-4-1997.

Feitos: construcción dunha vivenda unifamiliar de planta baixa.

Lugar: praia de Cesantes.

Concello: Redondela.

Circunstancias modificativas: se o presunto infractor corrixe no prazo de quince (15) días a situación creada polos feitos que son obxecto deste expediente, poderá reducirse ata a metade a contía da multa que puidese impoñerse, segundo os artigos 97.3º da L.C. e 187.1º do R.C.

ANEXO II

Preceptos infrinxidos: artigos 25.1 a), 25.2 e 26.1 da L.C. e artigos 45.1 a), 46.1 e 48.1 do R.C. e DD.TT. Cuarta 2 c) e décimo terceira 1 c) do R.C.

Preceptos sancionadores: artigo 90 c) da L.C. e artigo 174 c) do R.C.

Valoración: cinco millóns catrocentas trinta e sete mil cento setenta e cinco pesetas (5.437.175 ptas.).

Cualificación e contía da posible sanción: artigos 91.2 e) e 97.1 da L.C. e artigos 175.2 e 183 b) en relación co artigo 184 do R.C., podendo recaer unha multa do 25% do valor das obras executadas. En función da valoración: un millón trescentas cincuenta e nove mil duascentas noventa e catro pesetas (1.358.294 ptas.).

3667