Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1997, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación e se somete a información pública a relación de propietarios afectados polas obras de acondicionamento da travesía de Chantada da estrada C-533, da Gudiña a Lalín T.M. de Chantada (clave: E/SC/93.83.).

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Xunta de Galicia, con data 8 de outubro de 1996, foi aprobado o proxecto das obras de acondicionamento da travesía de Chantada da estrada C-533, da Gudiña a Lalín, TM de Chantada (clave: E/SC/93.83.

No acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia o día 10 de abril de 1997, declárase urxencia para efectos de aplicación do procedemento que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, a ocupación de bens e dereitos afectados polo dito proxecto.

Para tal efecto convócase ós propietarios e titulares de bens e dereitos afectados, que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Chantada e na Delegación Provincial de Lugo, para que comparezan no lugar, día e hora que se detalla a continuación, co fin de proceder ó levantamento de actas previas á súa ocupación, que recollerán os datos necesarios para a determinación dos dereitos afectados, os seus titulares e o valor daqueles, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o considerase necesario.

Lugar: Casa do Concello de Chantada.

Horario: 10 horas a 13 horas.

Día: 2 de xuño de 1997.

De: Areán González, Miguel a Vázquez Lamas, Manuel.

O devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome e achega-los documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse pola súa conta, se o considerasen oportuno, dos seus peritos e un notario.

Tidos en conta estes antecedentes e en cumprimento do establecido no artigo 17, parágrafo 2º da Lei de expropiación forzosa, ábrese a información pública ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito perante esa Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia sita na Ronda da Muralla, nº 131, 27001 Lugo, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros que se producisen ó relaciona-los propietarios afectados.

Lugo, 15 de maio de 1997.

José Antonio Cobreros Aranguren

Enxeñeiro xefe Provincial de Estradas

3678