Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1997, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete á información pública o estudio informativo e o de impacto ambiental da autoestrada Santiago de Compostela-Ourense (variante de Oca a Silleda).

En desenvolvemento do establecido no convenio entre o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia para a construcción dunha autoestrada entre Ourense e Santiago de Compostela, subscrito o día 24 de febreiro de 1997, sométese ó trámite de información pública o estudio informativo autoestrada Santiago de Compostela-Ourense. Tramo: Ribadulla-Lalín oeste. Variante de Oca e Silleda, durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, co fin de que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito ante os servicios provinciais de Estradas da Coruña e Pontevedra as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, sinalándose que o citado estudio informativo se pode examinar durante o dito período, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, nos servicios provinciais de estradas mencionados, e nos

concellos afectados.

Así mesmo, sométese ó trámite de información pública o estudio de impacto ambiental contido no estudio informativo durante o período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia e no Decreto 442/1990, do 12 de setembro, de avaliación de impacto ambiental de Galicia; estará á exposición ó público para este efecto nas comisións provinciais de Medio Ambiente da Coruña e Pontevedra e nos concellos afectados.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 1997.

Guillermo Grandío Chao

Subdirector xeral de Estradas

3971