Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto de concurso público con tramitación urxente, das obras de reparacións varias no IFP de Marín (Pontevedra) e outras.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

A) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

B) Centro directivo: Delegación Provincial de Pontevedra.

2. Obxecto do contrato.

2.1.

a) Descrición do obxecto: reparacións varias no IFP de Marín (Pontevedra).

b) Prazo de execución: tres meses.

c) Orzamento da obra: 13.658.631 ptas. IVE incluído.

d) Fianza provisional: 273.173 pesetas, correspondente ó 2% do orzamento autorizado.

2.2.

a) Descrición do obxecto: cambio de cubertas no IB do Porriño.

b) Prazo de execución: trinta e oito días.

c) Orzamento da obra: 11.572.221 ptas., IVE incluído.

d) Fianza provisional: 231.444 ptas., correspondente ó 2% do orzamento autorizado.

2.3.

a) Descrición do obxecto: ampliación aula de música IESP de Torneiros do Porriño.

b) Prazo de execución: tres meses.

c) Orzamento da obra: 6.498.590 ptas., IVE incluído.

d) Fianza provisional: 129.972 ptas., correspondente ó 2% do orzamento autorizado.

2.4.

a) Descrición do obxecto: reparación de fachadas e obras varias no IB Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín.

b) Prazo de execución: dous meses.

c) Orzamento da obra: 15.972.250 ptas., IVE incluído.

d) Fianza provisional: 319.445 ptas., correspondente ó 2% do orzamento autorizado.

2.5.

a) Descripción da obra: reparación cuberta, substitución carpintería e varios no C.P. Pérez Viondi-A Estrada.

b) Prazo de execución: dous meses.

c) Orzamento da obra: 14.974.372 ptas., IVE incluído.

d) Fianza provisional: 299.487 ptas., correspondente ó 2% do orzamento autorizado.

2.6.

a) Descrición da obra: instalación calefacción e varios no centro de educación especial Saladino Cortizo de Vigo.

b) Prazo de execución: sete meses.

c) Orzamento da obra: 17.132.649 ptas., IVE incluído e dividido en dúas anualidades:

-Ano 1997: 8.566.325 ptas.-Ano: 1998: 8.566.325 ptas.

d) Fianza provisional: 342.653 ptas., correspondente ó 2% do orzamento autorizado.

2.7.

a) Descrición da obra: reparacións fachadas, cuberta e carpintería no CP Sta. Lucía de Moraña.

b) Prazo de execución: sete meses.

c) Orzamento da obra: 24.853.696 ptas., IVE incluído e dividido en dúas anualidades:

-Ano 1997: 12.426.848 ptas.-Ano 1998: 12.426.848 ptas.

d) Fianza provisional: 497.074 ptas., correspondente ó 2% do orzamento autorizado.

2.8.

a) Descrición da obra: reparación cuberta e varios no edificio de administración do CP Josefa Alonso de Matamá (Vigo).

b) Prazo de execución: dous meses.

c) Orzamento da obra: 8.831.353 ptas., IVE incluído.

d) Fianza provisional: 176.627 ptas., correspondente ó 2% do orzamento autorizado.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, antes das 14 horas do décimo terceiro día hábil a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación xeral A, a establecida na cláusula 3.2.4.1. do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación económica C, a establecida na cláusula 3.2.4.3. do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación de referencias técnicas B, a establecida na cláusula 3.2.4.2 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Contratación da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria, sito na Avda. Montero Ríos, s/n, Pontevedra, teléfono 80 59 06.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 16 de maio de 1997.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Antonio Fraga Boullosa

Delegado provincial de Pontevedra

3674