Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1997, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se convoca información pública sobre modificación concesional (autorización de servicio parcial e modificación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Vigo-Barcelona-Bilbao (VAC-119).

Ó abeiro do establecido no artigo 2 da Lei orgánica 5/1987, do 30 de xullo, de delegación de facultades do Estado nas comunidades autónomas en relación cos transportes por estrada e por cable, e no artigo 79 do Regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, a empresa Vigo-Barcelona S.A., titular da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Vigo-Barcelona-Bilbao (VAC-119), solicita autorización dun servicio parcial entre O Barco de Valdeorras e Vigo, así como a modificación de tráficos entre paradas actualmente autorizadas na citada concesión.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer en forma no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente nos servicios provinciais de Transportes de Lugo (estación de autobuses), Ourense (r/ Curros Enríquez, 1 entrechán) e Pontevedra (estación de autobuses), efectua-las alegacións que consideren oportunas no prazo dun mes contado a partir do día da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1997.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

3736