Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1997 pola que se convoca a contratación, mediante concurso aberto, dunha asistencia técnica para o desenvolvemento e implantación de aplicacións complementarias integradas co Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia, correspondente á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Obxecto: desenvolvemento e implantación de aplicacións complementarias integradas co sistema de xestión de procedementos administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia, correspondente á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Orzamento de licitación: 20.493.447 pesetas.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Planificación e Coordinación Informática da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita na Casa da Radio, s/n., San Caetano, en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: 409.869 pesetas.

Fianza definitiva: 819.738 pesetas.

Clasificación esixida: grupo III, subgrupo 3, categoría A.

Modelo de proposición: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse, en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión de proposicións rematará ás catorce horas do día que resulte ó contar vinteseis días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto: «Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, para a contratación dunha asistencia técnica para o desenvolvemento e implantación de aplicacións complementarias integradas co sistema de xestión de procedementos administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia, correspondentes á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, que presenta Don/Dona... en nome... (propio ou da entidade que representa)».

Apertura de proposicións: en acto público, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás dez horas do terceiro día hábil seguinte ó da data de presentación de proposicións que non coincida nin en sábado nin en festivo.

O importe dos anuncios relativos ó presente concurso será por conta do adxudicatario, que deberá aboalos con anterioridade á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

3735