Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.902

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (2/1996).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela. Dou fe que nos autos

de que se fará mérito se dictou a sentencia co encabezamento e parte dispositiva que din así:

«Sentencia: en Santiago de Compostela o vintesete de marzo de mil novecentos noventa e seis. Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 2/1996, seguidos por estafa; sendo denunciantes Dolores Millán Cerqueiro, maior de idade e aparecendo como parte denunciada José Antonio Girondo de Andrés, maior de idade e parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Resolvo que debo absolver e absolvo libremente a José Antonio Girondo de Andrés da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobra a responsabilidade civil, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación para interpor no prazo de cinco días desde a súa notificación perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma a José Antonio Girondo de Andrés, o cal se encontra en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula o sete de abril de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

4006