Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.902

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (63/1996).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela. Dou fe de que nos autos ós que se fai mención se dictou a sentencia co encabezamento e parte dispositiva seguintes:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela.

En Santiago de Compostela o catro de xullo de mil novecentos noventa e sete. En nome de S.M El-Rei, Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, pronunció a seguinte sentencia: «No xuízo de faltas número 63/1996, dimanante do procedemento seguido por agresión que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, Avelino Besada Gómez, denunciante, con domicilio en Eirapedriña-Bugallido, Ames; Ramón Núñez Fontáns, denunciado, veciño de Mestre Mateo número 19, D-6º A, Santiago de Compostela.

Resolvo que debo absolver e absolvo do feito orixe destas actuacións ó denunciado Ramón Núñez Fontáns, declarando de oficio as custas desta instancia.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría á disposición das partes».

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para que lle sirva de notificación a Avelino Besada Gómez, con domicilio descoñecido, expido e asino o presente testemuño en Santiago de Compostela o dous de abril de mil novecentos noventa e sete.

O secretario xudicial

Rubricado

2823