Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1997, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se somete a información pública expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Cerceda-Carballo e Sísamo, con anexos: V-7029; XG-403.

Ó abeiro do establecido no artigo 79 do Regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres a empresa Autos Queijeiro, S.L., titular da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transportes de viaxeiros por estrada

entre Cerceda-Carballo e Sísamo, con anexos: V-7029; XG-403, solicita ampliación de tráficos da citada concesión consistente na incorporación de:

-Un anexo entre A Fraga-As Seixas pola Regueira.

-Un anexo entre cruzamento do Seixo-Laracha.

-Un anexo entre Comiáns-San Fins.

-Un anexo entre Baiuca-Couto da Fieira.

-Unha prolongación entre Sísamo (Outeiro) e Goiáns.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, logo do exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes da Coruña (estación de autobuses), efectua-las alegacións que coiden oportunas no prazo dun mes contado a partir do día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1997.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

3734