Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 1997 Páx. 4.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1997 pola que se anuncia a concurso público, procedemento aberto, as obras de ampliación do edificio para usos administrativos e de xestión no Campus de Esteiro-Ferrol. (Expediente 3005/1997).

Convócase concurso público por procedemento aberto, trámite de urxencia, as obras de ampliación do edificio para usos administrativos e de xestión no Campus de Esteiro-Ferrol.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministración por concurso

público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado sita na r/ Mestranza, s/n A Coruña, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Mestranza, s/n de luns a venres e de 9 ás 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: vinte millóns seiscentas dezaseis mil cento cincuenta e seis pesetas (20.616.156).

Garantía provisional: catrocentas doce mil trescentas vintetrés pesetas (412.323).

Clasificación: grupo C, categoría d.

Prazo de execución: 4 meses.

A Coruña, 14 de maio de 1997.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

3943