Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 1997 Páx. 4.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1997 pola que se anuncia concurso de proxectos con intervención de xurado para unha cafetería-comedor na E.U. de Arquitectura Técnica no Campus da Zapateira-A Coruña. (Expediente 3006/1997).

Convócase concurso de proxectos con intervención de xurado para unha cafetería-comedor na E.U. de Arquitectura Técnica no Campus da Zapateira-A Coruña polo trámite de urxencia.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministración por concurso público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado sita na r/ Mestranza, s/n A Coruña, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Mestranza, s/n de luns a venres e de 9 ás 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Orzamento de contratación: catro millóns cen mil pesetas (4.100.000).

Garantía provisional: non se esixe.

Prazo de execución: 15 días.

A Coruña, 14 de maio de 1997.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

3944