Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 1997 Páx. 4.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/48-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. San Pedro Alcántara II.

Situación: concello de Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, de 325 m de lonxitude con conductor de Al tipo R.H.V., desde a L.M.T. 80.30 entre os CC.TT. San Pedro de Alcántara e Fernández Ladreda alimentado en bucle ó C.T. proxectado rematando na L.M.T. 80.30, concello de Pontevedra. C.T. de 630 kVA, relación de transformacón 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 10 de abril de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

3556