Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 1997 Páx. 4.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/63-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e C.T.C. rúa San Amaro, 29.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV en conductor R.H.V. de 240 mm en Al, que parte da L.M.T. Subt. C.R. Parque-C.T. residencia terceira idade e final no C.T. San Amaro, número 29 de 280 m de lonxitude. C.T. tipo interior de 400 kVA a 15.000±2,5-5%/400 V. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

A Coruña, 24 de abril de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3555