Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. Lagos II-Beluso.
Situación: concello de Bueu.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 60 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio número 11 da L.M.T. ó C.T. de Beluso-Igrexa, ata o C.T. que se proxecta en Lagos II, concello de Bueu. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, con conductor tipo R.Z. de 36 m de lonxitude.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 10 de abril de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
3552