Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 1997 Páx. 4.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación dunha subministración de vestiario (C.P. 43/1997).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: contratación dunha subministración de vestiario.

Orzamento: 12.411.065 pesetas.

Garantía provisional: 248.221 ptas.

-Lote 1: bata branca (medidas).

Orzamento: 374.400 ptas.

Garantía provisional: 7.488 ptas.

Lote 2: bata branca hostelería (medidas).

Orzamento: 243.880 ptas.

Garantía provisional: 4.878 ptas.

Lote 3: bata branca Pers. Administr. (medidas).

Orzamento: 216.195 ptas.

Garantía provisional: 4.324 ptas.

Lote 4: camisa azul Pers. oficio (medidas).

Orzamento: 228.150 ptas.

Garantía provisional: 4.563 ptas.

Lote 5: mandil pinche.

Orzamento: 330.000 ptas.

Garantía provisional: 6.600 ptas.

Lote 6: pixama branco (medidas).

Orzamento: 4.420.000 ptas.

Garantía provisional: 88.400 ptas.

Lote 7: traxe de traballo (medidas).

Orzamento: 462.400 ptas.

Garantía provisional: 9.248 ptas.

Lote 8: zapato branco (medidas).

Orzamento: 4.187.040 ptas.

Garantía provisional: 83.741 ptas.

Lote 9: zapato mantemento (medidas).

Orzamento: 492.000 ptas.

Garantía provisional: 9.840 ptas.

Lote 10: zoco antiesvarante (medidas).

Orzamento: 1.457.000 ptas.

Garantía provisional: 29.140 ptas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

Prazo de entrega: a primeira entrega ós 40 días (máximo) da adxudicación, o resto segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Hostelería ou o Servicio de Compras e Subministracións.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

1. Oferta económica: 60%.

2. Calidade dos materiais: 30%.

3. Servicio técnico da subministración: 10%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 as 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 30 de abril de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan

Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

3811