Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 1997 Páx. 4.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación dunha subministración de roupa (C.P. 42/1997).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: contratación dunha subministración de roupa.

Orzamento: 31.607.900 ptas.

Garantía provisional: 632.158 ptas.

Lote 1: bata verde (medidas).

Orzamento: 1.690.000 ptas.

Garantía provisional: 33.800 ptas.

Lote 2: camisiña xibón acabado de nacer.

Orzamento: 1.050.000 ptas.

Garantía provisional: 21.000 ptas.

Lote 3: camisón pechado (medidas).

Orzamento: 980.000 ptas.

Garantía provisional: 19.600 ptas.

Lote 4: funda branca almofada 100x45 cm.

Orzamento: 1.968.000 ptas.

Garantía provisional: 39.360 ptas.

Lote 5: funda plástica/rizo colchón 190x80x20.

Orzamento: 660.000 ptas.

Garantía provisional: 13.200 ptas.

Lote 6: pano verde 110x90 cm.

Orzamento: 3.600.000 ptas.

Garantía provisional: 72.000 ptas.

Lote 7: pixama doente chaqueta (medidas).

Orzamento: 431.900 ptas.

Garantía provisional: 8.638 ptas.

Lote 8: pixama doente (medidas).

Orzamento: 2.756.000 ptas.

Garantía provisional: 55.120 ptas.

Lote 9: pixama verde (medidas).

Orzamento: 1.299.000 ptas.

Garantía provisional: 25.980 ptas.

Lote 10: saba branca 270x160 cm.

Orzamento: 13.678.000 ptas.

Garantía provisional: 273.560 ptas.

Lote 11: sabaniña de urxencias 220x120 cm.

Orzamento: 420.000 ptas.

Garantía provisional: 8.400 ptas.

Lote 12: toalla lavabo 50x100 cm.

Orzamento: 3.075.000 ptas.

Garantía provisional: 61.500 ptas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

Prazo de entrega: a primeira entrega ós 40 días (máximo) da adxudicación, o resto segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Hostelería ou o Servicio de Compras e Subministracións.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

1. Oferta económica: 60%.

2. Calidade dos materiais: 30%.

3. Servicio técnico da subministración: 10%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 as 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 30 de abril de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan

Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

3808