O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22
de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:
Obxecto: contratación dunha subministración de material de papelería.
Orzamento: 18.308.000 pesetas.
Garantía provisional: 366.160 ptas.
Lote 1: impresos H. clínica.
Orzamento: 5.194.050 ptas.
Garantía provisional: 103.881 ptas.
Lote 2: sobres.
Orzamento: 5.714.500 ptas.
Garantía provisional: 114.290 ptas.
Lote 3: impresos xerais.
Orzamento: 3.010.750 ptas.
Garantía provisional: 60.215 ptas.
Lote 4: material diverso de oficina.
Orzamento: 1.763.700 ptas.
Garantía provisional: 35.274 ptas.
Lote 5: papel branco T/DIN A-4.
Orzamento: 2.625.000 ptas.
Garantía provisional: 52.500 ptas.
Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.
Prazo de entrega: a primeira entrega ós 15 días (máximo) da adxudicación, o resto segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións.
Admisión de variantes: non se admiten variantes.
Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
Criterios de adxudicación:
1. Oferta económica: 60%.
2. Calidade dos materiais: 20%.
3. Servicio técnico da subministración: 20%.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.
Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta
resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 30 de abril de 1997.
Jesús Caramés Bouzán
Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan
Canalejo-Marítimo Oza da Coruña
3810