Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 1997 Páx. 4.708

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

ANUNCIO.

En virtude da resolución da alcaldía, do 7 de abril de 1997, aprobouse inicialmente o proxecto de urbanización do contorno da Igrexa da Veracruz (anuncio publicado no DOG do 18 de abril).

A entrada en vigor da Lei 1/1997, do 24 de marzo, modificou o prazo de exposición ó público. En consecuencia, exponse ó público durante quince días (complementarios dos anteriores) para que os interesados poidan examina-lo expediente e formular reclamacións, se é o caso, de acordo co artigo 44.3º da dita Lei 1/1997.

O Carballiño, 7 de maio de 1997.

Manuel Vázquez Fernández

Alcalde-presidente

3105