Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 1997 Páx. 4.708

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

ANUNCIO.

O Concello do Carballiño (Ourense), en sesión extraordinaria celebrada o día 7 de febreiro de 1997, acordou convocar concurso público para a construcción dun aparcamento subterráneo e posterior xestión do servicio na alameda do Carballiño (Ourense).

1. Entidade adxudicadora: Concello do Carballiño-Pleno.

a) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

b) Número de expediente: 2/CT/1997.

2. Obxecto da adxudicación:

a) Descrición do obxecto: construcción dun aparcamento subterráneo e posterior xestión do servicio.

b) Oferta: axustarase ó prego.

c) Lugar de entrega: secretaría do Concello do Carballiño.

3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Modalidade: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 200.000.000.

5. Garantías: provisional: 4.000.000.

6. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán á disposición dos concursantes para os eu exame na secretaría do Concello do Carballiño.

7. Requisitos específicos do contratista.

A solvencia económica e financeira, así como a solvencia técnica, deberase xustificar de acordo co disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

Clasificación do contratista: grupo B, subgrupo 2, categoría F, e demais solvencia técnica para a explotación e xestión dalgún xeito previsto no artigo 19 da LCAP.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Prazo de presentación das proposicións: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do sesaxésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Se o derradeiro día fose sábado, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

9. Apertura das proposicións: realizarase en acto público na sala de xuntas do concello, do xeito previsto no prego.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os previstos no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: o importe do anuncio da presente resolución, así como da adxudicación, serán por conta do adxudicatario.

O Carballiño, 7 de maio de 1997.

Manuel Vázquez Fernández

Alcalde-presidente

3755