Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 1997 Páx. 4.707

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FORCAREI

EDICTO relativo á aprobación definitiva do proxecto da obra de saneamento e pavimentación da rúa Alfredo González Barros.

A Corporación Municipal, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 8 de maio de 1997, por maioría absoluta, acordou:

1. Resolver tódalas reclamacións presentadas respecto ó acordo do Pleno do Concello, que tivo lugar o día 7 de abril de 1997 sobre aprobación inicial do proxecto da obra de saneamento e pavimentación da rúa Alfredo González Barros; declaración de utilidade pública das obras, e a relación concreta e individualizada dos bens e dereitos que se consideran de necesaria expropiación pola execución do antedito proxecto; necesidade de ocupación dos bens e dereitos que se van expropiar e declaración de urxente ocupación dos terreos afectados.

2. Aprobar definitivamente o proxecto para a execución da obra de saneamento e pavimentación da rúa Alfredo González Barros, redactado polo arquitecto Alfredo Montero Vaz, e a relación concreta e individualizada dos bens e dereitos que se consideran de necesaria expropiación pola execución do dito proxecto.

Faise público para xeral coñecemento e para os correspondentes efectos.

Forcarei, 9 de maio de 1997.

Manuel Brea Porto

Alcalde

3754