Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 1997 Páx. 4.707

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía, con data 14 de abril do ano 1997, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da Unidade de Execución nº 1-B das Normas Subsidiarias Municipales sita en Cambre, promovido por Anjoca, S.L., e redactado polos arquitectos Jaime Martínez Molina e Ignacio Ferreiro González.

O que se fai público para xeral coñecementos. O expediente sométese a información pública polo prazo de quince días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 117 do texto refundido da Lei do solo e 141.2º do Regulamento de planeamento.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se consideren pertinentes. O expediente poderá ser consultado na Unidade Xurídica de Urbanismo e Persoal deste concello.

Cambre, 15 de abril de 1997.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde

3765