Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 1997 Páx. 4.708

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión extraordinaria, realizada o 8 de abril de 1997, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias municipios nº 1 do Grove.

Conforme co establecido no artigo 128, en relación co artigo 114 e 115 do texto refundido da Lei do solo, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, e artigo 112, do Regulamento de planeamento urbanístico. Este expediente estará exposto ó público polo prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da publicación do último dos anuncios no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, podendo os interesados examinalo nas oficinas municipais da secretaría e presentar alegacións dentro do mesmo prazo.

O Grove, 9 de abril de 1997.

José Antonio Galiñanes Mascato

Alcalde-presidente