Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 1997 Páx. 4.704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Pubs y Bares Especiales de A Coruña. (Aspac).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección

de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados ás 13 horas do día 17 de abril de 1997 a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Pubs y Bares Especiales de A Coruña, (Aspac) que teñen os seguintes ámbitos:

Territorial: provincial.

Profesional: titulares dos establecementos de café-bar especial e similares, tamén denominados popularmente pubs da provincia.

Asinan a acta de constitución: Fernando de la Iglesia Rodríguez e seis persoas máis.

Os estatutos depositados poderán seren examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 18 de abril de 1997.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

3595