Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 1997 Páx. 4.705

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Ganaderos Club-Alfa de Ordes.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados ás 10 horas do día 18 de abril de 1997 a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Ganaderos Club-Alfa de Ordes, que teñen os seguintes ámbitos:

Territorial: provincial.

Profesional: gandeiros.

Asinan a acta de constitución: José Morlán Castro e seis persoas máis.

Os estatutos depositados poderán seren examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 21 de abril de 1997.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

3594