Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 1997 Páx. 4.704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia o depósito da acta de modificación e os novos estatutos da Asociación de Catedráticos de Bachillerato de Galicia (ACBGA), que no sucesivo, e en virtude da dita modificación, se denominará Asociación de Catedráticos de Enseñanza Secundaria de Galicia (Acesga).

En cumprimento do disposto na Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou acta de modificación estatutaria, así como un novo texto dos estatutos onde figuran incorporadas as modificacións acordadas pola Asociación de Catedráticos de Bachillerato de Galicia (ACBGA), que no sucesivo, e en virtude da dita modificación, se denominará Asociación de Catedráticos de Enseñanza Secundaria de Galicia (Acesga).

Asinan a acta de modificación o secretario da nova xunta directiva Jesús R. Martín Fernández, co visto e prace do seu presidente, Jesús María Antelo Fraga.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

3596