Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 1997 Páx. 4.704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia o concurso, polo trámite de urxencia, para a contratación de consultoría e asistencia para a relocalización de cento tres (103) bateas dos polígonos A e B de Muros.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase a contratación de consultoria e asistencia para a relocalización de cento tres (103) viveiros fluctuantes dos polígonos A e B de Muros, polo procedemento aberto por concurso, cun orzamento máximo de dez millóns trescentas mil pesetas (10.300.000 ptas). A citada contratación realizarase nos seguintes lotes.

Prazo de execución: sesenta (60) días.

Os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas estarán á disposición dos interesados, en días e horas de oficina nos servicios centrais desta consellería, sita en San Caetano, 5 2º, Santiago de Compostela, así como nas súas delegacións territoriais.

As proposicións presentaranse no rexistro xeral desta consellería, así como nos rexistros das súas delegacións territoriais. O prazo de admisión finalizará ás catorce (14) horas do primeiro día hábil no que se cumpran trece (13) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce (14) horas do seguinte día hábil. No caso

de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 do Reglamento xeral de contratación do Estado, remitirase un telegrama á Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, no que se comunique a presentación da oferta.

A apertura de plicas terá lugar nas oficinas centrais desta consellería o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de propostas ás dez (10) horas, sempre e cando este día non coincida en sábado ou festivo, que se pasará ó primeiro día hábil seguinte.

O presente anuncio será por conta dos adxudicatarios en relación proporcional á contía dos lotes asignados.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 1997.

Amancio Landín Jaráiz

Director xeral de Marisqueo e Acuicultura

3597