Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 1997 Páx. 4.681

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da Asociación de Profesionais de Museos de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación de Profesionais de Museos de Galicia que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán ser membros da devandita asociación tódolos profesionais no campo da museoloxía, as persoas con titulación universitaria que tra

ballen nos museos galegos e na súa xestión, os bolseiros de museos de Galicia, os licenciados coa especialización de museoloxía e as persoas con formación no campo da museoloxía que fixesen cursos de posgrao, mestrado ou cursos de especialización na materia.

Asinan a acta de constitución: Eva Vidal Pan e seis persoas máis.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

3590