Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 1997 Páx. 4.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación da unidade de actuación número 2 do PXOU.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o 7 de abril de 1997 aprobou, con carácter inicial, a proposta instada a iniciativa particular por Prycoga, S.L. de modificación da delimitación da

unidade de actuación número 2 do vixente PXOU -sita entre as rúas Juan Bautista Andrade, Luis Otero e Avda. de Compostela-, co fin de regulariza-la delimitación entre o rueiro número 20 e esa unidade e homoxeneiza-los fondos edificables dese rueiro, tratándose os paramentos como fachadas, de conformidade co proxecto técnico redactado polo arquitecto Manuel Jesús Freijeiro, visado pola Delegación en Pontevedra do C.O.A.G. en data 17-6-1996 e follas número 11 e 13 que reforman e anulan ás correlativas de aquel, presentadas ante o rexistro xeral o 20-12-1996, dispoñéndose o seu sometemento a información pública.

Durante o prazo de quince días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar na Unidade de Fomento do Concello (rúa Dona Teresa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 5 de maio de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

3710