Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 1997 Páx. 4.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1997 pola que se anuncia concurso público para a contratación dunha asistencia técnica para a realización dun curso de formación en delineación naval no Centro de Innovación e Servicios (CIS) do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) en Ferrol.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) dunha asistencia técnica para a realización dun curso de formación en delineación naval no Centro de Innovación e Servicios (CIS) do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) en Ferrol.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), rúa Frei Rosendo Salvado, 16, baixo, 15701 Santiago de Compostela. Teléfono (981) 54 11 01. Fax (981) 59 04 67.

b) Número de expediente: CP nº 8/97.

2. Obxecto do contrato:

a) Asistencia técnica para a realización dun curso de formación en delineación naval.

b) Prazo de execución: 10 meses desde a data de formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4 Orzamento máximo de licitación: 5.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación 100.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: rúa Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15701 (A Coruña).

d) Teléfono: (981) 54 11 01.

e) Telefax: (981) 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do vixésimo sétimo día hábil seguinte á publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia.

De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata ás catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre cerrado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 10 horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito na rúa Frei Rosendo Salvado, 16, baixo, Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 1997.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

3732