Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 1997 Páx. 4.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1997 pola que se anuncia concurso público para a contratación de cursos e actividades de formación nas tecnoloxías multimedia no Centro de Innovación e Servicios (CIS) do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) en Ferrol.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) de cursos e actividades de formación nas tecnoloxías multimedia no Centro de Innovación e Servicios (CIS) do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) en Ferrol.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), rúa Frei Rosendo Salvado, 16, baixo, 15701 Santiago de Compostela. Teléfono (981) 54 11 01. Fax (981) 59 04 67.

b) Número de expediente: CP nº 6/97.

2. Obxecto do contrato:

a) Asistencia técnica para a realización de cursos e actividades de formación nas tecnoloxías multimedia no Centro de Innovación e Servicios (CIS) do Igape en Ferrol.

b) Prazo de execución: o prazo de execución será de dez meses desde a data de formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4 Orzamento máximo de licitación: trinta e nove millóns de pesetas (39.000.000 de ptas.). IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación (780.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: rúa Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15701 (A Coruña).

d) Teléfono: (981) 54 11 01.

e) Telefax: (981) 59 04 67.

7. Requisitos do contratista:

a) Clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría C.

8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do 23 de xuño de 1997.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre cerrado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

9. Apertura das ofertas: en acto público ás 11 horas do 25 de xuño de 1997. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito na rúa Frei Rosendo Salvado, 16, baixo, Santiago de Compostela.

10. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 1997.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

3720