Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 1997 Páx. 4.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1997 pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración, instalación e posta en marcha de equipamento telemático para o Centro de Innovación e Servicios (CIS) do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) en Ferrol.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) da subministración, instalación e posta en marcha do equipamento telemático para o Centro de Innovación e Servicios (CIS) do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) en Ferrol.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), rúa Frei Rosendo Salvado, 16, baixo, 15701 Santiago de Compostela. Teléfono (981) 54 11 01. Fax (981) 59 04 67.

b) Número de expediente: CP nº 7/97.

2. Obxecto do contrato.

a) Subministración, instalación e posta en marcha do equipamento telemático para o Centro de Innovación e Servicios (CIS) do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) en Ferrol.

O concurso preséntase nos seguintes lotes:

-Lote 1. Equipos de rede.

-Lote 2. Conmutador ATM.

-Lote 3. Ampliacións para o laboratorio de redes.

-Lote 4. Equipamento ofimático.

b) Elementos que hai que entregar: os indicados no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de entrega: a entrega efectuarase nos Centros de Innovación e Servicios (CIS) na península da Cabana, en Ferrol (A Coruña).

d) Prazo de execución: 30 días naturais contados desde o seguinte ó da súa formalización.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación.

20.350.000 ptas. (IVE incluído), desagregado nos seguintes importes:

-Lote 1. Equipos de rede: 3.350.000 ptas. (IVE incluído).

-Lote 2. Conmutador ATM: 3.000.000 de ptas. (IVE incluído).

-Lote 3. Ampliacións para o laboratorio de redes: 4.500.000 ptas. (IVE incluído).

-Lote 4. Equipamento ofimático: 9.500.000 ptas. (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación 407.000 ptas.

6. Obtención de documentación de información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: rúa Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15701 (A Coruña).

d) Teléfono (981) 54 11 01.

e) Telefax: (981) 59 04 67.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do vixésimo sétimo día hábil seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre cerrado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas.

En acto público ás 11 horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito na rúa Frei Rosendo Salvado, 16, baixo, Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios.

Os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 1997.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

3719