Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 1997 Páx. 4.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1997 pola que se anuncia a convocatoria do concurso público aberto, para a contratación da consultoría/asistencia consistente na realización de diversos traballos relacionados co padrón municipal de habitantes e a estatística de poboación de Galicia 1996.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato de consultoría/asistencia, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

-Instituto Galego de Estatística.

-Servicio de Xestión Económica.

-Nº de expedientes: 97.05.0055.

2. Obxecto do contrato.

-Realización de diversos traballos relacionados co padrón municipal de habitantes e a estatística de poboación de Galicia 1996.

-Prazo de execución: cinco meses.

3. Tramitación, forma e procedemento de adxudicación.

-Ordinaria.

-Concurso público.

-Aberto.

4. Orzamento de licitación: importe total: 13.800.000 pesetas.

5. Garantía provisoria: 276.000 pesetas.

6. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación esixida: grupo I, subgrupo 3, categoría A.

7. Obtención de documentación e información: poderán retirala no Negociado do Rexistro do IGE, r/ Ramón Piñeiro, nº 27 Santiago de Compostela. CP 15702. Tlf: 54 13 21, e fax: 54 13 23.

8. Presentación de ofertas: presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 26 días contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, no Rexistro do IGE en horario de 9 á 14 h, ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

9. Apertura das ofertas: o décimo día seguinte ó do remate de presentación de proposicións, ás 12 h e nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe do presente anuncio, será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 1997.

José A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística

3718