Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 1997 Páx. 4.664

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA OURENSE

ELECCIÓN de conselleiros xerais representantes dos impositores.

De conformidade co disposto no artigo 14.a), do Regulamento de procedemento para a designación dos membros dos órganos de goberno da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, faise público que, entre as 10 e as 16 horas do próximo día 3 de xuño, celebrarase no salón de sesións da entidade (Rúa do Paseo, 6, Ourense), o acto de votación para elixir a 16 conselleiros xerais, representantes dos impositores da caixa na súa asemblea xeral, segundo acordo adoptado pola Comisión Electoral.

A relación nominal de compromisarios permanecerá exposta nas oficinas da caixa, ata o día de votación.

A elección aterase ás normas do Regulamento de procedemento para a designación dos membros dos órganos de goberno da caixa.

En especial, deberán ser tidas en conta as seguintes regras:

1ª) Cada compromisario votante poderá elixir a calquera dos compromisarios incluídos na relación nominal correspondente á súa circunscrición electoral.

Nos espacios destinados para tal efecto da papeleta de votación, os votantes escribirán os nomes e apelidos dos 16 compromisarios, como máximo, ós que elixan para acceder ó cargo de conselleiro xeral.

2ª) Tanto as papeletas como os sobres que se van utilizar na votación, confeccionados segundo modelo previamente aprobado, estarán á disposición dos compromisarios no local onde se realice a votación.

3ª) A votación será persoal e secreta.

4ª) O dereito a votar nace unicamente da inscrición na relación nominativa de compromisarios.

O votante acreditará a súa personalidade exhibindo o seu DNI ou calquera outro documento que faga fe.

5ª) Consideraranse nulas as seguintes papeletas:

-As que figuren por duplicado nun mesmo sobre.

-As que estean en branco.

-As inintelixibles a xuízo da mesa. Se existiran dúbidas sobre a identificación dalgún nome, anularase o voto correspondente a este, considerándose válidos os restantes da papeleta. Igual criterio aplicarase cando figure algún nome non incluído na relación nominal de compromisarios, ou que pertenza á circunscrición distinta do votante.

6ª) Calquera compromisario, a título exclusivamente persoal, poderá, ata o momento da votación, dirixirse ós restantes compromisarios, expoñendo as súas circunstancias e programa. Para estes efectos, a entidade facilitará a difusión dos impresos subministrados polo compromisario, poñendo exemplares suficientes del á disposición dos restantes compromisarios nos locais da entidade, ata o momento en que comece a votación.

Ourense, 8 de maio de 1997.

David Ferrer Garrido

Presidente de Caixa Ourense, presidente

da Comisión Electoral