Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 1997 Páx. 4.657

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado liña M.T. a C.T. de Solda, concello de Meaño, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente 95/139 A.T.).

En cumprimento do ordenado no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa en relación co nº 6 do artigo 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, faise saber a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto de referencia de que a súa urxente ocupación foi outorgada por resolución desta delegación provincial do 21-4-1997, de conformidade co disposto na Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional (LOSEN), que o día 11-6-1997 a partir das 11 horas, darase comezo ó levantamento sobre o terreo polo representante da Administración das actas previas á ocupación, correspondentes ós predios, situados no concello de Meaño, que en folla achegada se detallan previndo ós ditos interesados que na respectiva notificación individual, mediante cédula, serán informados coa

debida anticipación legal do día e hora en que para cada un terá lugar a dita dilixencia, prevíndolles tamén, que nos ditos actos poderán facerse acompañar dos seus peritos ou dun notario, á súa costa, se así o estimasen conveniente.

A relación será fixada no taboleiro de anuncios do concello e nos desta delegación.

Vigo, 28 de abril de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 95/139 A.T.Provincia: Pontevedra

Liña M.T. a C.T. SoldaConcello: Meaño

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

12FeixelongoLaborHermanas Pumares Zárater/ Alfredo Brañas, 1

36209 Cambados

770

15PradoLaborFelicita Méndez GarcíaSan Amaro

36968 Meaño

16160

21CachareloViñaDolores MuñizOuteiro

36968 Meaño

110

28CandesViñaEduardo Padín CousidoSolda, 27

36968 Meaño

20200

30PereirasViñaCarmen Muñiz TorresCubela

36968 Meaño

20200

32CandesViñaAmancio Muñiz VilaAxis, 21-Simens

36968 Meaño

450

33CandesViñaCarmen Muñiz TorresCubela

36968 Meaño

CT.5860

3295