Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 1997 Páx. 4.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1997 pola que se anuncia a contratación, polo trámite de urxencia, mediante o sistema de concurso público e procedemento aberto, da obra renovación da cuberta no polideportivo dos centros de EE.MM. de Lugo, e outras.

1. Entidade adxudicataria: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en Lugo.

2. Obxecto do contrato.

2.1.

a) Descrición do obxecto: renovación da cuberta no polideportivo dos centros de EE.MM. en Lugo.

b) Lugar de execución: Lugo.

c) Prazo de execución: 1 mes.

d) Importe total: 8.359.009 ptas.

e) Clasificación do contratista: non se esixe.

2.2.

a) Descrición do obxecto: obras varias no colexio público Santo Estevo de Parga.

b) Lugar de execución: Parga (Guitiriz).

c) Prazo de execución: 2 meses.

d) Importe total: 6.727.005 ptas.

e) Clasificación do contratista: non se esixe.

2.3.

a) Descrición do obxecto: obras varias no colexio público José Luis Taboada da Barrela.

b) Lugar de execución: A Barrela (Carballedo).

c) Prazo de execución: 2 meses.

d) Importe total: 14.159.779 ptas.

e) Clasificación do contratista: non se esixe.

2.4.

a) Descrición do obxecto: substitución da cubrición de fibrocemento por chapa e obras varias no colexio público de Guitiriz.

b) Lugar de execución: Guitiriz.

c) Prazo de execución: 2 meses.

d) Importe total: 14.411.866 ptas.

e) Clasificación do contratista: non se esixe.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: concurso.

c) Forma: aberto.

4. Garantías.

Provisional: non.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo.

b) Domicilio: r/ Armando Durán, s/n.

c) Localidade e código postal: 27071 Lugo.

d) Teléfono: (982) 29 41 90.

e) Fax: (982) 29 41 52.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en Lugo.

-Enderezo: r/ Armando Durán, s/n-2ª planta.

-Localidade e código postal: Lugo 27071.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a resolución da adxudicación do concurso.

e) Admisión de variantes: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo.

b) Enderezo: r/ Armando Durán, s/n- 2ª planta.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o quinto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: 10 horas.

8. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 2 de maio de 1997.

Ángel Fernández López

Delegado provincial de Lugo

3559