Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 1997 Páx. 4.658

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador P-305/1996 e dous máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións dos ditos expedientes, por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta 120.956 do Banco Pastor (0072), oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 10 de abril de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: P-305/1996.

Denunciado: Alberto Rodríguez Rodríguez.

Último enderezo coñecido: Mouriscados-Avión (Ourense).

Feito denunciado: pescar sen licencia de pesca, o día 25 de xuño de 1996, no regato de Piñeiro no lugar do Encoro de Piñeiro, concello do Covelo.

Precepto infrinxido: artigo 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 50.001 ptas. e Inhab. de 1 ano para obte-la licencia de pesca.

-Expediente: P-307/1996.

Denunciado: Jaime Rodríguez Álvarez.

Último enderezo coñecido: Mouriscados-Avión (Ourense).

Feito denunciado: pescar 2 troitas de tamaño inferior ó permitido (17 e 18 cm) que portaba no seu cesto cando foi denunciado, o día 25 de xuño de 1996, no

regato de Piñeiro no lugar de pozo de Piñeiro, concello do Covelo.

Precepto infrinxido: artigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 5.000 ptas. e indemnización de 6.000 ptas.

-Expediente: P-361/1996.

Denunciado: José Mª Morel Muniex.

Último enderezo coñecido: Montero Ríos, 16-2º, Vigo.

Feito denunciado: pescar en época de veda desde unha embarcación, o día 16 de agosto de 1996, no río Miñor ó seu paso por Xunqueira, concello de Gondomar.

Precepto infrinxido: artigo 34.8º da Lei 7/1992, de pesca fluvial, en relación coa Orde do 16-2-1996.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 50.001 ptas. e Inhab. de 1 ano para obte-la licencia de pesca.

3516