Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 1997 Páx. 4.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e adxudicación, por poxa, das obras que se citan.

-Título do proxecto: RC-LU-97.01 dobre tratamento superficial e reparación do firme previo por tramos. C-533 da Gudiña a Lalín.

Orzamento: 36.000.000 de ptas.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

-Título do proxecto: RC-LU-97.07 dobre tratamento superficial e reparación do firme previo por tramos. Limpeza de gabias e desbroce. LU-611 Camiño de Rubián a Taboada.

Orzamento: 38.000.000 de ptas.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

-Título do proxecto: RC-LU-97.09 reforzo do firme con mestura bituminosa aberta en frío. LU-623 ramal da C-533 a Rébide.

Orzamento: 37.000.000 de ptas.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o correspondente proxecto da obra que se relaciona e demais documentos de interese para os licitadores estarán á disposición destes na Delegación Provincial de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita na Ronda da Muralla, 131 (Lugo).

Esixirase a fianza provisional do 2% salvo no disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As proposicións deberán dirixirse en sobres pechados ó rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ben persoalmente ou ben envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematarán ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, a apertura de proposicións, que será pública, realizarase na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ás once horas do quinto día que non coincida en sábado, contado a partir do último día da presentación de proposicións.

Os documentos que deben presenta-los licitadores son os que figuran no prego de cláusulas administrativas, a suficiencia económica deberá xustificarse de acordo co previsto no artigo 16 da Lei 13/1995 (Admón. públicas). O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Lugo, 28 de abril de 1997.

José A. Cobreros Aranguren

Delegado provincial de Lugo

3733